16 de Outubro de 2011.
Papá e mamá levantaronme este domingo mais cedo do habitual. Aínda
non amencera cando mamá me espertou e me equipou cun chandal e un anorak
quentiño (prendas que por certo estaban case esquecidas no meu
roupeiro). Axiña apuraron os seus almorzos e baixamos coas nosas
mochilas ata o coche.
Alí, ao lado da nosa casa, en Ferreira, agardaba un microbus cuns
15 integrantes do grupo de sendeirismo "Paso Miudo". Enton entendino
todo!! Os meus papás ian levarme a unha ruta de sendeirismo, desas das
que eles contan que iban cando eu ainda non nacera.
Facía frío a aquelas horas da mañá, abundaba unha néboa baixa que
presaxiaba o que mais tarde ocurriría, un día de sol e de temperatura
mais propia do veran ca outonal.
Nós iamos no coche de papá seguindo ao bus, pero mamá esquecera a
miña gorra do sol e tivemos que voltar á casa. Entón, o bus adiantou un
bo anaco e atallamolo case ao final do traxecto, mais ou menos cando eu
espertei, xa por terras asturianas, na terra dos Oscos.
Chegamos ao pouco ó punto de destino, Villanueva de Oscos, un pobo
pequeniño sito entre montañas, rios e vexetación. Unha terra que, senon
virxe, ben podería pasar por selo, a xulgar polos recunchos que nela se
poden visitar.
En Villanueva había só un bar aberto, punto a onde todos se
dirixiron namais deixalo autobús. Logo dunha boa taza de café (iso os
maiores, a min deronme a roer a galleta que dan con él), e xa co corpo
temperado dispuxose todo para iniciar a ruta.
A de hoxe chamabase "Ruta de los Bosques" e comezaba alí, en Villanueva de Oscos.
Comenzamos a camiñar en paralelo á carretera que nos leva a Santa
Eufemia, primeiro pobo que atopamos na ruta. Logo de cruzar a ponte de
Castañeira collemos a primeira subida e adentramonos no primeiro dos
bosques, un bosque de vidueiros.
Este primeiro tramo foi duro para mamá xa que non contaba con que a
subida fose tan longa, e eu xa case peso 10 kilos.Costoume ata a min,
que tiven que repoñer forzas cando chegamos á cima, e iso que iba
colgada dun artiluxio de trapo no colo de mamá que ela chama Mei tai.
Alí, no punto mais alto da ruta foi onde papá decidiu levarme ó
lombo, entón, a ruta mudou de xeito e comezou unha forte baixada...
E alí iba eu, mirando para adiante nas costas do meu papá mentras
Alicia cantaruxaba cancións que amenizaban e facían ainda mais fermoso
aquel paseo.
E continuamos baixando e baixando ata atopar de novo a carretera e
cruzar ata o outro lado do río Agüeira. Foi alí cando Anxel decidiu
parar para facer o primeiro "abituallamento". Xa daquela lucía o sol e a
mañan estaba máis que fermosa. Juan aproveitou enton para facela foto
boa do grupo. E xa, sen perder mais tempo, botamos de novo a andar (o de
andar eu é un dicir, claro...)
Desta vez, quixo levarme de novo mami. Eu xa tiña un pouco de sono e non hai mellor colo ca o das nais para votar un soniño.
Foi o son do río ao baixar, o murmurio das follas dos castiñeiros
xa con ourizos maduros e a temperatura que había á súa sombra o que
precipitou ó pouco o meu profundo sono.
Mentres eu durmía, os de Paso Miudo continuaban a súa andaina ata o
pobo de Pacios e tras atravesar as casas diste, diriximonos hacia un
bosque de Carballos, por onde continuaba a ruta cos cambios de
vexetación propios destes bosques. Papá di que botaba de menos os
cogumelos típicos de outono, pero que para iso facía falta choiva. Pero
de momento retrasabase, confundindo a natureza.
E seguindo coa ruta, logo dunha breve paradiña para repetir fotos e
repoñer folgos, afrontamos o último tramo, volvendo a encontrar ó pouco
o pobo de Santa Eufemia. Este pobo rustico é pequeniño e ten unhas
casiñas de construcción típica situadas ó son do río. Unha delas esta
destinada como Ecomuseo do Pan e amosa ó público todo o ciclo do pan
dende a sementeira a ta o forno.
Eu espertei xusto cando Dora e Anxel nos explicaban o funcionamento
dunhas máquinas enormes para o trigo que debían de ser moi moi moi
vellas.
Acercabase a hora do xantar e apuramos o último tramo ata
Villanueva con presa, xa que os maiores ian coa ansia de tomar algo
refrescante.
Ó chegar ó meson onde logo xantaríamos, Juan pediulle á camarera
unha botella de Sidra e votouna nos vasos dende enriba da súa cabeza ata
o vaso, que estaba á altura do seu xeonllo (eu quedei parva, nunca tal
vira). Mamá explicoume que lle chamaban "escanciar" , e eu pensei, menos
mal mami que o teu leite non o temos que "escanciar", porque...qué
difícil!!!
E pasamos ó segundo punto das rutas de sendeirismo, o xantar. Como di Anxel, as nosas rutas son "lúdico-gastronómico- culturais-deportivas-etc"
e tan importante é andar como comer. E comeron ben por certo... non sei
por qué os maiores necesitan tanta comida! comeron 3 primeiros,
outrostantos segundos e logo o postre, café e chupito se se dá ben, así
se demoran as sobremesas...
En fin, só quedaba o camiño de volta e así remataba a miña primeira ruta con Paso Miúdo.
Oxalá mamá e papá se animen a levarme moitas mais veces con esta xente xa que me caeu simpática.
Unha aperta para todos eles e ata a próxima ruta.
Daniela Yañez Barro.